Portada

A forma das nubes

Premio narrativa breve Repsol 2012

GALAXIA
11 / 2012
9788498654691
Galego
LITERARIA
ESPAÑA
Narrativa

Sinopse

Narrada en primeira persoa, cunha voz que conxuga o presente e o pasado da protagonista, A forma das nubes é unha pescuda na infancia como xeito de comprender o amor e fuxir do desamparo no que nos deita a vida. A fotografía, o cinema, a moda e a beleza configuran o pano de fondo desta narración que López Sández escancia cun ritmo intenso, constante; ritmo narrativo ao que se suma o contrapunto dun enigma central que a novela aproveita como recurso literario e como estímulo para o pensamento de quen le. Cando ten trece anos, unha rapaza emprende unha viaxe que o ha cambiar todo e na que coñece unha actriz engaiolante e cativadora. Xa adulta, lembra aqueles momentos tinguidos de beleza e violencia. Os retallos do pasado, os fragmentos de lembranzas, deseñan un mosaico no que a protagonista procura unha forma, un sentido, coma quen contempla as nubes para recoñecer nelas figuras do mundo real.Premio de Narrativa Breve Repsol 2012

PVP
13,80