Quen somos

Non volvas perder unha venda. As túas metas son a nosa misión

   
Se falamos do mundo do libro, temos que falar de Arnoia Distribución de libros. Empezamos a nosa andaina en 1987 en Pontevedra, Galicia, e despois de máis de 30 anos no sector somos a vangarda na distribución de libros.
 
Buscamos satisfacer as túas necesidades e expectativas polo que nos esforzamos cada día co fin de ofrecer o mellor servizo.
 
Queremos que te sintas parte do noso equipo, por iso poñemos á túa disposición os mellores profesionais do mundo do libro, co noso departamento de atención ao cliente e equipo comercial que che ofrece un trato personalizado, para darche as mellores solucións, atopar o que precisas, asesoramento para que consigas aqueles produtos que mellor encaixan no teu negocio, seleccionar os mellores títulos, envío periódico de información en novidades...
 
Dispoñemos dun dos maiores fondos de catálogo do mercado con máis de 250.000 títulos en stock de máis de 5.000 editoriais. Entre o noso stock tamén podes atopar libros de texto, técnicos ou novidades.
 
Como xa sabes, a tecnoloxía está cada vez máis presente no noso sector por iso estamos a innovar continuamente a nosa web, engadindo máis ferramentas que faciliten o traballo dos nosos clientes (stock en tempo real, consulta de facturas, orzamentos…). Ademais, ofrecémosche un seguimento total de todos os teus pedidos, e información actualizada dos teus libros pendentes.
 
Se queres ampliar toda esta información ou tes calquera dúbida sobre a nosa empresa, estaremos encantados de coñecerte:
 

Estado de información no financiera Grupo Arnoia 2021