Aviso legal

Responsable legal

ARNOIA DISTRIBUCIÓN DE LIBROS, SA
NIF/CIF: A-36046019
Enderezo: polígono industrial A Reigosa, parcela 19, 36827 Ponte Caldelas, Pontevedra
Enderezo electrónico de contacto: pedidos@arnoia.com
Tlf.: 986 761 020
Datos rexistrais: inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra, folio 53, libro 572, 1ª folla núm. 7937


Condicións de uso

As presentes condicións legais regulan o uso permitido desta páxina web que ARNOIA DISTRIBUCIÓN DE LIBROS, SA, en diante ARNOIA.COM, pon a disposición dos usuarios de Internet. Se non está conforme con estas condicións legais, debe abandonar esta páxina web.

O usuario obrígase a usar a web, os servizos e os seus contidos de forma dilixente, correcta e lícita e, en particular, deberase abster de:

– Suprimir, eludir ou manipular o copyright e demais datos identificadores dos dereitos dos seus titulares incorporados aos contidos, así como os dispositivos técnicos de protección ou calquera mecanismo de información que puideren incluír os contidos.
– Introducir programas, virus, macros ou calquera outro dispositivo lóxico ou secuencia de caracteres que causen ou sexan susceptibles de causar calquera tipo de alteración na páxina web ou nos sistemas informáticos que a soportan.
– Usar ou instalar programas ou dispositivos capaces de invalidar os controis ou contrasinais de seguridade establecidos por ARNOIA.COM, estando igualmente prohibido descifrar as claves, sistemas ou algoritmos de cifrado ou calquera outro elemento de seguridade da páxina web ou de calquera dos seus usuarios.
– Realizar unha copia ou captura de pantallas da páxina web sen a autorización expresa de ARNOIA.COM.
– Efectuar copias ou versións da páxina web ou do seu código fonte sen o consentimento expreso de ARNOIA.COM.
– Realizar calquera tipo de comportamento contrario á lei ou á boa fe.

Rexistro de usuarios

O acceso e a utilización de determinados apartados desta páxina web requiren o rexistro previo como usuario. Non se admite o rexistro de usuarios menores de idade nin de usuarios finais ou consumidores. A páxina web www.arnoia.com é un portal para a xestión da distribución e edición de libros que está orientado ao público profesional. ARNOIA.COM reserva o dereito a verificar a información facilitada polo usuario. Unha vez rexistrado na nosa web, poderá en calquera momento acceder, modificar ou cancelar os datos no seu perfil de usuario.

ARNOIA.COM advírtelles aos usuarios que poderán ser rexeitadas as peticións de rexistro realizadas de forma fraudulenta ou en vulneración de normas ou dereitos de terceiros, podendo, ademais, ser dados de baixa como usuarios se infrinxen as condicións legais presentes ou as advertencias e requirimentos que lles dirixa ARNOIA.COM respecto a comportamentos que vulneren as políticas e normas que rexen esta páxina web.

Os usuarios son responsables de calquera acción levada a cabo co seu nome de usuario ou a súa conta. O usuario é responsable do uso e confidencialidade do seu contrasinal de acceso á súa conta. Ante calquera sospeita de que a seguridade do seu contrasinal foi comprometida, deberao modificar de inmediato.

O usuario comprométese a facer un uso adecuado da páxina web de ARNOIA.COM e, con carácter enunciativo pero non limitativo, comprométese a non realizar as seguintes condutas:

– Suplantar identidades, proporcionar información falsa ou pertencente a outras persoas no seu rexistro ou perfil de usuario.
– Cederlle a calquera persoa física ou xurídica o nome de usuario e a clave que teña asignada o usuario rexistrado.
– Introducir contidos que vulneren os dereitos de propiedade intelectual ou industrial, incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública.
– Introducir ou difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico, apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra dereitos de terceiros.
– Realizar comentarios na páxina que insulten, calumnien ou lles falten á debida consideración a outros usuarios rexistrados, membros de ARNOIA.COM ou a terceiros, así como utilizar unha linguaxe groseira e malsoante.
– Introducir contidos publicitarios sen o consentimento de ARNOIA.COM.
– Suprimir, eludir ou manipular as medidas de seguridade implantadas por ARNOIA.COM.

Exclusión de responsabilidade

ARNOIA.COM non se fai responsable das perdas ou prexuízos que lle poida ocasionar ao usuario por virus, indispoñibilidade ou calquera outro comportamento anómalo da páxina web. ARNOIA.COM adoptou todas as medidas de seguridade ao seu alcance e segundo o estado actual da técnica para garantir o correcto funcionamento da web e evitarlle a xeración de calquera tipo de dano ao usuario. Non obstante, ARNOIA.COM non garante un nivel de dispoñibilidade concreto do portal www.arnoia.com.

ARNOIA.COM non se fai responsable dos comentarios ou das opinións expresadas por terceiros. Se detecta algún contido inapropiado ou que infrinxa a lei ou os dereitos de terceiros, pódeo comunicar no noso enderezo de correo electrónico pedidos@arnoia.com.

Enlaces

ARNOIA.COM declina calquera responsabilidade polos servizos e/ou pola información que se preste noutras páxinas enlazadas con esta web. ARNOIA.COM non controla nin exerce ningún tipo de supervisión sobre as páxinas enlazadas. Os usuarios que utilicen estes enlaces deberán consultar as condicións legais expostas nas páxinas de destino.

Propiedade intelectual

Os textos, imaxes, logos, signos distintivos, sons, animacións, vídeos, o código fonte e o resto de contidos incluídos nesta web son propiedade de ARNOIA.COM, ou dispón, de ser o caso, do permiso para o seu uso e/ou a súa explotación.
Os usuarios desta páxina web poderán levar a cabo a reprodución ou o almacenamento dos contidos existentes nesta páxina para o seu uso persoal exclusivo ou as finalidades autorizadas nas condicións legais de contratación dos nosos produtos e servizos. Calquera outra transmisión, distribución, reprodución ou almacenamento total ou parcial dos contidos almacenados nesta web queda expresamente prohibida, agás previo e expreso consentimento de ARNOIA.COM.

Lexislación e xurisdición

Esta páxina web atópase sometida á lexislación española, e no caso de litixio ou controversia xurdida do uso desta páxina web ambas as partes se someten á xurisdición dos tribunais da cidade de Pontevedra (España).

Versión

Este aviso legal ten data do 11/02/2014 e calquera modificación dos seus termos será publicada na páxina web.