Portada

Galiza Mater, raíz anterga

Manuel Rodrigues Lapa na lingua e na cultura galegas

GALAXIA
03 / 2024
9788411762021
Galego
Ensaio
127
ESPAÑA
últimos 15 días
Ensaios

Sinopse

"Á Galiza de sempre, raíz anterga da nosa cultura, adico afervoadamente iste libro". Velaí a dedicatoria que Manuel Rodrigues Lapa antepuxo á súa monumental edición das 'Cantigas d'escarnho e maldizer dos cancioneiros trovadorescos galego-portugueses' (1965), un fito sobranceiro tanto da filoloxía galego-portuguesa canto da traxectoria de Editorial Galaxia.
Henrique Monteagudo atopa nesa dedicatoria a chave do ollas que Lapa deitou sobe Galicia e o seu idioma, e que desembocaría na súa proposta reintegracionista. Ao longo da súa brillante traxectoria, desde os seus primeiros estudos filolóxicos sobre a lírica medieval, e especialemnte despois da súa primeira visita a Galicia (1932), cando contactou co movemento galeguista, o filólogo portugués demostrou unha fonda paixón pola nosa lingua. Neste libro, botando man da súa correspondendia con Del Riego e Ramón Piñeiro, e mais dos fondos que o autor legou á Fundación Penzol, desenvólvese unha análise das súas ideas sobre o galego e percórrese a súa colaboracíón coa resistencia galeguista nucleada arredor de Editorial Galaxia, especialmente entre 1950 e 1971, unha estreira relación en que Francisco Fernández del Riego xogou un papel chave, e da que a edición das 'Cantigas' é testemuño perenne.

PVP
17,20