Portada

È A LÚA QUE BAILA

María Victoria Moreno, a lírica dos SEIS POEMAS GALEGOS DE LORCA

GALAXIA
02 / 2018
9788491511595
Galego
Ensaios

Sinopse

Un volume singular e ata o de agora inédito da obra de María Victoria Moreno publicado pola Editorial Galaxia en colaboración co Consorcio de Santiago.
Este novo libro ten como protagonista a faceta filolóxica, lectora e investigadora de María Victoria Moreno, e está presidido por ?«Danza da lúa en Santiago». Suxerencias para unha aproximación a Federico García Lorca, poeta galego?, un estudo publicado orixinalmente no ano 1985 na revista madrileña de estudos galegos Madrygal. O volume inclúe tamén os Seis poemas galegos de Federico García Lorca, un anexo con comentarios de María Victoria Moreno á ?Cantiga do neno da tenda? e un minucioso estudo introdutorio da man do académico e profesor Xesús Alonso Montero, que se sitúa xa como unha referencia no estudo da escrita de María Victoria Moreno.

PVP
20,90