Portada

Elmer e Wilbur

McKee, David Tradución: González, Xosé Manuel
KALANDRAKA
04 / 2021
9788413430591
Galego
Tras os montes
ESPAÑA
Álbums ilustrados
Tapa dura

Sinopse

Elmer contara coa axuda de Wilbur para atopar un osiño perdido
nunha das anteriores aventuras deste simpático personaxe
multicolor; agora é Wilbur quen necesita que o seu curmán o saque
dun apuro, algo no que van colaborar de xeito entusiasta outros
elefantes. Velaquí un novo relato cheo de amizade, tenrura, ledicia,
empatía, solidariedade e axuda colectiva, e tamén moito humor.
Porque se Elmer se caracteriza por ser traste, Wilbur é outro
trangalleiro. Por iso dar con el convértese en toda unha peripecia:
non está onda o tigre, nin no tobo dos coellos e tampouco
é súa a imaxe que se reflicte na superficie do lago? a voz de Wilbur
escóitase por todas partes, pero non hai nin rastro del a pesar
de que o seu aspecto é tan chamativo como o do seu curmán.

PVP
15,00