Portada

Chibos Chibóns (BATA)

KALANDRAKA
02 / 2024
9788413433073
Galego
De fácil lectura. Makakiños
ESPAÑA
Últimos 60 días
LITERATURA INFANTIL: DE 3 A 4 AÑOS

Sinopse

Unha edición do coñecido conto clásico europeo adaptado ao sistema SPC de pictogramas, de fácil lectura, agora tamén en lingua galega. A colección Makakiños é unha iniciativa de KALANDRAKA en colaboración coa Asociación Baión de Tratamento do Autismo (BATA) para achegar a lectura a persoas con necesidades de apoio educativo e facilitar a inclusión de todas e todos. Son un conxunto de libros de fácil lectura que procuran unha maior comprensión a nivel escrito e visual a través da linguaxe de pictogramas SPC (Símbolos Pictográficos de Comunicación), baseado en debuxos e cores que foi desenvolvido nos Estados Unidos por Roxanna Mayer-Johnson. Chibos Chibóns, o coñecido clásico europeo adaptado por Olalla González, incorpórase á colección Makakiños en lingua galega nunha versión traducida por Iago Nicolás e adaptada pola asociación BATA. As ilustracións de Federico Fernández procuran achegarnos a súa versión do conto buscando a máxima concreción e comprensión da linguaxe plástica.

PVP
14,00