Portada

Unha parella diferente

Kulot, Daniela Tradución: Taeger, Marc
KALANDRAKA
02 / 2017
9788484642893
Galego
LITERATURA INFANTIL: DE 7 A 9 AÑOS

Sinopse

Crocodilo e Xirafa namoráronse, construiron unha casa para os dous e
emprenderon unha vida en común, que lamentablemente topou coa
incomprensión dos seus respectivos semellantes. Senllas visitas ao
Barrio Crocodileiro e ao Barrio Xirafero deixáronlles unha desagradable
impresión de como os demais valoraban a súa relación. Esta peculiar e
entrañable parella padecía as miradas, as burlas e os murmurios dos
seus conveciños, grandes e pequenos.
E malia todo, sen importarlles as críticas alleas, os protagonistas non o
pensaron dúas veces cando un repentino percance puxo en perigo a
unha familia. A altura de Xirafa e a habilidade de Crocodilo salvaron
vidas e demostraron que a cooperación e a solidariedade son os
alicerces da boa convivencia, por riba de calquera diferenza.

PVP
16,00