Portada

Un elefante na sala de estar

XERAIS
02 / 2022
9788411100861
Galego
FORA DE XOGO
ESPAÑA
LITERATURA JUVENIL: MAS DE 13 AÑOS

Sinopse

A morte por suicidio de Rosa acontece unha mañá de outono, mentres o seu home está no traballo e os seus fillos adolescentes acoden ao instituto como un día calquera. Na súa ausencia, as voces das persoas que a querían contan quen era.
O papel que cada unha delas xoga na vida de Rosa, as contradicións íntimas e os diferentes xeitos de afrontar a dor, a culpa e o estigma social durante o proceso de loito, son os círculos arredor dos que xira unha novela que fala, por riba de todo, da supervivencia.
Cun estilo limpo e delicado, de lectura doada e emotiva, Un elefante na sala de estar pon sobre a mesa a problemática do suicidio, que é xa a primeira causa de morte non natural entre a poboación adulta e moza, para combater os mitos e o silenciamento. Para non calar máis.

PVP
13,50