Portada

O sangue dos camiños

XERAIS
03 / 2014
9788499144276
Galego
NARRATIVA
278
ESPAÑA
Narrativa

Sinopse

Nunha cidade descoñecida un escritor atorméntase coa desaparición da súa amada, mentres en Nova York unha azafata trafica con estrañas mercadorías. En Le-Vivier-Sur-Mer, na Bretaña, outra muller terá un encontro inesperado que rematará por mudar a súa vida. Os camiños dos tres confluirán, se cadra, dun xeito insólito. Como nunha road-movie vertixinosa, O sangue dos camiños (Premio Risco de Literatura Fantástica 2003) debulla, e transcende, os mitos do folclore actual -os dos medios de comunicación de masas-, mantendo a tensión do lector cara á fatalidade dos desenlaces.
Aos dez anos da súa publicación, esta edición definitiva actualiza e recupera a novela, e culmina a triloxía narrativa de sombras e de lume, integrada tamén por Soños eléctricos e Sarou/Louzós.
"A obra máis lograda do autor ourensán, na que enfronta ao home cos avances científicos, a busca dun mesmo na soidade máis absoluta e o camiño cara ao destino de cada un de nós, malia non sermos conscientes da forza e da determinación do azar." (Isabel Mociño González)
"O sangue dos camiños é unha novela chea de trama, de argumento, de verdadeira historia. Unha historia que mantén sempre a primacía, o interese, a verosimilitude e nos obriga a reflexionar sobre o sentido das nosas vidas e as súas continxencias. Novela de estradas, de peregrinaxes, de fuxidas dun mesmo, de identidades cambiantes; tamén de pesadelos, alustres e frialdades. Con doses selectas de erotismo, de onirismo, de intres nos que o relato se converte nun verdadeiro thriller psicolóxico." (Francisco Martínez Bouzas)

PVP
19,50