Portada

Os alimentos terrestres e os novos alimentos

Gide, André Tradución: Pensado, Suso
LAIOVENTO, S.L.
10 / 2008
9788484871422
Galego
Narrativa
233
ESPAÑA
Narrativa
Rústica

Sinopse

Ramallos axitados de forma desigual... é porque a diversa elasticidade das súas ramiñas, facendo diversa a súa forza de resistencia ó vento, fai diverso tamén o impulso que o vento lles dá... etc. Pasemos a outro tema... Cal Ó non haber composición non debería ser necesario elixir... Dispoñible, Nathanaël, dispoñible! * * * Pero nesta balada falaba sobre todo dos homes e das mulleres e non cha digo agora porque non quero personalizar. Pois xa notaches que neste libro non hai ninguén. E mesmo eu non son nada máis que Visión. * * * Tira o meu libro; di que só é unha das mil posturas posibles ante a vida. Busca a túa. Non fagas o que alguén tería feito tan ben coma ti. Non digas o que alguén tería dito tan ben coma ti, e escrito tan ben coma ti, non o escribas, Sinte apego nada máis que por aquilo que só está en ti mesmo e en ningunha outra parte, e crea de ti, con impaciencia ou con paciencia, ah! o máis insubstituible dos seres.

PVP
12,00