Portada

Un John Deere envorcado na cuneta

RINOCERONTE EDITORA S.L.
9788419040657
Galego
MORGANTE
Narrativa
últimos 15 días
última semana

Sinopse

Se tivésemos que mandar unha sonda Voyager cun libro que lles explicase Galicia aos extraterrestres ben podería ser este, o mesmo que aos galegos que pensan que o seu país é pequeno cando realmente é un mundo: realidades que pouco transcenden, e cando o fan cóntanse doutra maneira. Os incendios, os xubilados que non saben facer ca vida, os fillos que non saben que facer cos pais, o xabaril que baixa do monte, os festexeiros que acaban nun after onde nunca nada sae ben. Considerado como unha das voces máis sorprendentes, anovadoras e intrépidas do xornalismo e a literatura actuais, Fran Ferreiro Chao-Abella sorpréndenos co contraste entre o novo e o vello, o intelectual e o popular, o humor e a repunancia, o tenro e o perverso.

PVP
16,00