Portada

REPRESIÓN E DEPURACIÓN DO MAXISTERIO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (1936-1942)

Análise teórica e estudo por partidos xudiciais, concellos e parroquias

ANDAVIRA
10 / 2021
9788412426922
Galego
ESPAÑA
Historia
Ensaios

Sinopse

Neste libro sobre a depuración do maxisterio na provincia de Pontevedra estudamos un proceso que afectou á práctica totalidade do profesorado, salvo algunhas excepcións que quedaron á marxe. Os profesionais máis identificados coas iniciativas socio educativas republicanas foron os que recibiron castigos máis severos. A moitas e moitos profesionais do ensino que sobreviviron á traxedia da guerra civil ou da incivil guerra non lles quedou máis saída que sumirse nun particular e duro exilio interior, do que en boa maneira se beneficiou o franquismo. A nosa intención é contribuír á recuperación da memoria histórica do maxisterio pontevedrés nos anos da guerra e posguerra. Os afectados non foron solo os mestres e mestras, senón tamén as súas familias, os amigos, as relacións máis ou menos extensas. Cabe dar nome e lugar na Historia a todos eles e elas, non sempre aos mesmos, como se tende a facer a miúdo por diferentes motivos. Compartimos neste libro a premisa de Ortega: ôO pasado non nos dirá o que debemos facer, senón o que deberiamos evitarö.

PVP
22,00