Portada

A pota que trota

OQO
01 / 2009
9788496788954
Galego
COLECCION O
Literatura infantil: de 0 a 12 anos

Sinopse

Un rei ambicioso e ruín que pasa as horas contando as súas riquezas; un home e unha muller máis pobres que as arañas; unha aldea de labregos enganados polo monarca; e unha pota que vai dun sitio a outro apañando e repartindo entre os máis desfavorecidos o que, en xustiza, lles corresponde. Estes son os ingredientes desta divertida historia tradicional danesa, escrita probablemente coa idea de entreter e consolar a todos os que só dispuñan da fantasía para conxurar o destino. Formalmente o texto preséntase como homenaxe implícita a Daniel Castelao, gran defensor da xustiza social.

PVP
13,50