Portada

O refraneiro

ELVIRA EDITORIAL
07 / 2026
9791399166897
Galego
Narrativa
Últimos 30 días

Sinopse

O Refraneiro é moito máis ca unha recompilación de ditos populares: é unha viaxe á memoria colectiva dun pobo. Ao longo de décadas de escoita, lectura e investigación, Celso Rodríguez Fernández reuniu miles de refráns, aforismos, cantigas e expresións transmitidas de xeración en xeración, conservando a riqueza dialectal e a diversidade lingüística de toda Galicia. Froito dun labor paciente e apaixonado, esta obra recolle 5.626 paremias procedentes de feiras, fiadeiros, tabernas, seráns e conversas populares, pero tamén de manuscritos familiares, cancioneiros e traballos escolares de recuperación da cultura tradicional. O resultado é un extraordinario mapa de sabedoría popular galega, onde o humor, a ironía, a experiencia e a filosofía da vida se condensan en poucas palabras. Médico, investigador e estudoso incansable da cultura popular, Celso Rodríguez Fernández dedicou boa parte da súa vida a preservar este patrimonio inmaterial. Este volumen constitúe así unha obra de referencia para comprender a identidade cultural galega e unha homenaxe á palabra viva, que durante séculos deu forma á nosa maneira de entender o mundo.

PVP
28,00