Portada

MIGUEL GONZALEZ GARCES, MINEIRO DE LUZ IBD

LAIOVENTO (IBD)
12 / 2014
9788484871743
Galego
ENSAIO
Ensaios

Sinopse

Miguel González Garcés, mineiro de luz é un exhaustivo estudo
sobre a vida e a obra de Miguel González Garcés (A
Coruña, 1918-1989), desde un enfoque amplo, incluíndo a
persoa ?cunha aproximación aos feitos puntuais da súa biografía?
e o personaxe, analizando o seu labor social e literario
e recollendo o corpus crítico que sobre a obra de Garcés se
ten escrito. Situando, en suma, o noso autor nas coordenadas
históricas que marcaron a súa vida e que explican a súa
traxectoria, ofrecendo unha imaxe plural e complexa, desde
distintos ángulos e perspectivas, así resulten contraditorias.
Sempre desde o pensar e o sentir dun escritor: non estamos
ante unha tese nin ante un traballo académico. Si ante
un libro que prima a reflexión, a claridade expositiva e a
perfección estilística sobre pautas formais ou rigores ecdóticos.
O único propósito que nos move é afondar na obra dun
poeta que consideramos dos máis relevantes no contexto da
lírica galega da segunda metade do século pasado.

PVP
24,96